Cartel 5
Cartel 4
Cartel 3
Cartel 6

calendario

Último mes maio 2012 Seguinte mes
L M Me X V S D
week 18 1 2 3 4 5 6
week 19 7 8 9 10 11 12 13
week 20 14 15 16 17 18 19 20
week 21 21 22 23 24 25 26 27
week 22 28 29 30 31
actualidade
Tres mulleres galegas de armas tomar
27 de Abril de 2012

E como peche das actividades do mes de abril, adicado aos libros e charlas sobre a situación e a historia das mulleres, tivemos o martes 24 na Casa das Letras de Ribadeo a presentación do libro "Tres mulleres galegas de armas tomar: María Balteira, María Castaña e María Soliña" (Baía Edicións), de Guillermina Domínguez e Felicia EstévezFoi un  privilexio  contar coas autoras para a presentación do libro que, ademais, aproveitaron para facernos unha pequena presentación sobre a invisibilidade das mulleres na historia e na arte

 

 

Ler máis...
 
O Observatorio demanda máis políticas de prevención e de mellora na atención directa ás vítimas da violencia machista
02 de Maio de 2012

Nova denuncia pública do Observatorio da Mariña pola Igualdade, desta volta demandando máis políticas de prevención e de mellora na atención directa ás vítimas da violencia machista:

 

Os efectos da crise son demoledores para a sociedade en xeral pero nela as mulleres son dobremente agredidas, como cidadás e como mulleres. Mais cabe salientar e enfatizar que esta crise non é unha crise económica, senón de valores. As medidas que o sistema actual está impoñendo non veñen máis que a favorecer a uns poucos e a perxudicar aínda máis á grande parte da poboación. Máis medidas deste tipo conlevan máis recesión, máis pobreza e maior feminización desa pobreza

 

Ler máis...
 
desTAPA a igualdade. Porque así gañamos tod@s
11 de Maio de 2012

"desTAPA a igualdade. porque así gañamos tod@s". Ese é o lema que lucirá nas servilletas do bares participantes no Ribadeo de Tapeo 2012. O Observatorio da Mariña pola Igualdade aproveitará a VII Edición do concurso do Ribadeo de Tapeo, que se celebrará entre o 18 e o 27 de maio, para facer unha campaña a prol da igualdade de xénero na vila. Para elo, repartiránse 140.000 servilletas co lema "desTAPA a igualdade. porque así gañamos tod@s" entre os 51 bares participantes este ano no concurso coa fin de que, durante os días que dure o tapeo, sexan utilizadas por toda a xente que se anime a degustar as distintas tapas. 

 

Ler máis...
 
Feminicidios: de Ciudad Juárez a Europa
25 de Abril de 2012

O pasado xoves 19 de abril recuperamos o ciclo de charlas-café falemos de... Como xa sabedes nestas charlas tratamos temas de actualidade e, como peculiaridade, lévanse a cabo nun ambiente informal e mentres gozamos dunha consumición. Desta volta, a pesar de que non se fixo nunha cafetería senón na Casa das Letras de Ribadeo, non faltaron o café, o cacao e o bo ambiente. Os Feminicidios: de Ciudad Juárez a Europa, foi o tema escollido nesta ocasión e, para explicarnos mellor esta realidadetivemos a sorte de contar con nós con Sonia Herrera Sánchez, licenciada en comunicación audiovisual pola Universidad Autónoma de Barcelona e especialista en comunicación educativa, xornalismo, conflictos armados e igualdade de xénero

 

 

Ler máis...
 
«InicioAnterior123456SeguinteFinal»

destacado

O Observatorio lanza unha campaña a prol da igualdade de xénero a través das servilletas do Ribadeo de Tapeo.

     desTAPA a igualdade

                 porque así gañamos tod@s

 
Observatorio da Mariña pola Igualdade | deseño akersia.es